We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Grandes Éxxxxitos

by Nuria Vil

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €5 EUR  or more

     

1.
conto esta historia para que non marche a inxenuidade de crela esluída no ar coma o rastro do fume escuro dos foguetes nas mañás da Festa de San Lourenzo sobre o fondo craro de Comesaña a ela que me vertebrou a fala e a imaxinación e me aprendeu a maldade espida entre ortigas e fume de restrollo puxémoslle música electrónica e luces rosas estroboscópicas por enriba dos recordos e as hortensias estaba tamén naquela rave ás 6 da mañá dando de comer ás pitas e gardando o amencer que xa nunca lle sairía ela que fixou a idade en que fun adulta para ensinarme o odio e a rabia contida o desprezo cara a ser muller nun aceno e que nunca terei ese sorriso manso dos animais domesticados que máis ben gardo no fondo do ollo dereito un brillo cruel como de vaca coa mirada fixa xusto antes de escornar ou de gata ferida lambendo o sangue alleo das gadoupas destas unllas aguzadas con paciencia coas que rabuñaría na morte avoa para traerte de volta coas mans conxeladas a boca húmida e un arrecendo a frores entre o fume do restrollo esluíndote para sempre coma o rastro dun foguete na mañá da Festa de San Lourenzo sobre ceo crarísimo de Santo André de Comesaña
2.
Rezo por ti 03:05
volvo sempre a aquela mañá de xaneiro e estampo o coche contra o farol da universidade mido matemática cal é a velocidade exacta para escachar o parabrisas para que cando menos o cinto de seguridade se crave no lado esquerdo do pescozo e faga ferida e sangue e cicatrice volvo tamén a aquela noite coma un presaxio coma quen dá con esa rabuñada nova no coche na defensa dereita de atrás canda a luz de freo brillante e escura abríndose paso na carrozaría gris perla que eu aínda penso nova despois de vinte anos e sei que eu non puiden facela eu que son lenta para todo manteño as distancias e aparco con tino que desde que me estampei contra todo meto primeira en todos os parking manobro de cu en batería e agardo a ver tan só un dos faros do coche aparcado vou cun pé sempre no freo porque eu son lenta para todo ata para decatarme de que esa rabuñada estivo sempre aí ben á vista de calquera e así brillante e escuro apareceu este desexo de asasinarte porque ás veces cando estou soa rezo por ti non é rezar exactamente senón máis ben unha forma de mirar polo resto que me aprenderon de nena pido por exemplo que esvares na ducha que non che actualice o whatsapp que polas mañás as fiestras do coche se che empanen tanto que non poidas arrancar que se che esgote o espazo de almacenamento interno do dispositivo móbil que vaias cortar as unllas dos pés cortes tamén o padrasto do dedo maimiño e te desangres na soidade do bidé cousas pequenas diminutas ínfimas que nin ti nin ninguén poida nunca poñer en relación comigo pero que pouco a pouco te maten
3.
hai corpos coma o meu aos que lles hai que aprender a loita pase o tempo que pase abrazarei sempre a fraxilidade ese medo de non ser bonita ao voso xeito das bragas sucias os caixóns desordenados e o armario desfeito devolvereime testuda esa capacidade de sacar fóra todo o que me apodrece vendo como esta rabia que tanto nos comprime desde o estómago á gorxa aínda nos deixa sen voz se me preguntan pediría de novo aprenderme a vomitar todo este medo este odio que se me acumula no brando do esterno no único lugar que non poderedes traspasar nunca para ferirme porque aquí dentro nesta gándara de soños que eu protexo a miña mamá baila nunha cociña repleta de arriba a abaixo de louza sen fregar as avoas cantan dan palmas comen centos de cacahuetes e tiran as cascas polo ar aquí nacemos tortas enrevesadas fartas de aturar o peso que nos bota enriba a sociedade nacemos mudas e fartas de tanto silencio xuntas deprendémonos a berrar así que a vós que calades deséxovos fillas poetas fillas silenciadas ninguneadas fillas ignoradas fillas ás que ninguén dirixa a palabra polos corredores da facultade por críticas por teren unha opinión a vós que calades todo ata a tolemia deséxovos fillas que critiquen as políticas que vós votades que saian a rúa queimen os periódicos denuncien e enchan as redes sociais de bromas estúpidas que ninguén entenda porque o único cárcere que existe para nós é o silencio imposto e tamén porque coñecemos a historia e estamos aprendendo a ladrar no verso de Olga Novo contra o amo que non só non nos dá de comer senón que nos afasta ás unhas das outras e que nos marxina non deixaremos nós de buscar a palabra que máis doia para cravárvola xusto no centro da conciencia coma unha bomba agardando pacientes a que vos estoupe e ata ese día en que paredes de encubrir co voso silenzo a maldade a vós que calades deséxovos fillas poetas
4.
Noite de paz, noite de amor todo dorme derredor entre os astros que espallan a súa luz está Rodolfo o reno, que tiña o nariz vermello, e dun brillo singular do que a xente ría sen parar. O noso amigo Rodolfo triste e só quedou, pero o nadal chegou e Nuria Vil baixou cara a Belén cunha burra, rin, rin eu remendábame, eu remendeime eu fixen un remendo e logo eu quiteino cargada de chocolate co branco nadal soño e coa neve ao meu redor branca é a miña quimera e a mensaxe de paz, de puro amor. Recordar a túa infancia poderás, cando chegue o branco nadal (aínda que non vises nevar na túa vida porque a túa cidade está a nivel do mar, pero o teu imaxinario do nadal estea tan influenciado pola cultura anglosaxona e estranxeira que che custe visualizar unha postal de nadal sen neve…). OH BRANCO NADAL! Soño coa neve ao meu arredor e Belén, campás de Belén! As anxiñas tocan, que novas van traer? O camiño que leva a Belén baixa ata o val que a neve anegou. As pastoras e pastores queren ver ao seu rei, pero por primeira vez pensan no cisheteropatriarcado e non poñen xénero ropopompom ropopompom. A todes quero deservos, sempre, Felicidade que é un gran presente. É o intre de que gocemos! Moita paz, vide a cantar! Bo nadal! Bo nadal!

about

da marabillosa mestura entre a maxia do nadal e non ter un puto duro, chega para vós esta fantasía feita con todo o meu amor

non é perfecta, pero a imperfección faime humana
e iso é bonito

de escoitarme,
gañarás un billete de Vitrasa con destino ao meu corazón (L)

Queres un CD físico? Escríbeme a través de Instagram, facebook ou correo electrónico a nuriavilvilana@gmail.com

credits

released December 24, 2020

Nuria Vil

license

tags

about

Nuria Vil GA, Spain

volvo sempre
coma o allo a cebola e a candidiase

#PalabraFalada #PoesíaOral #SpokenWord

contact / help

Contact Nuria Vil

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Nuria Vil, you may also like: