We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

A Crespa de Santo André

from Grandes Éxxxxitos by Nuria Vil

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €1 EUR  or more

     

about

Poema incluído en:

Grandes Éxxxxitos (CD autoeditado, 20201).
Poesía MIXXX verán - outono (CD autoeditado, 2020).
Poesía galega novísima (antoloxía, Ed. Urutau, 2020).
Trobeir*s do século XXI (antoloxía, Ed. Chan da Pólvora, 2019).
Dentes para a mazá (antoloxía, Ed. Chan da Pólvora, 2018).

Soy internacionally como Bad Gyaaaaaaal :*

Grazas por escoitaaaaar!

lyrics

conto esta historia

para que non marche a inxenuidade de crela esluída no ar
coma o rastro do fume escuro dos foguetes
nas mañás da Festa de San Lourenzo sobre o fondo craro de Comesaña

a ela
que me vertebrou a fala e a imaxinación
e me aprendeu a maldade espida entre ortigas e fume de restrollo

puxémoslle música electrónica
e luces rosas estroboscópicas
por enriba dos recordos e as hortensias

estaba tamén naquela rave ás 6 da mañá
dando de comer ás pitas
e gardando o amencer que xa nunca lle sairía

ela
que fixou a idade en que fun adulta
para ensinarme o odio e a rabia contida
o desprezo cara a ser muller nun aceno
e que nunca terei ese sorriso manso
dos animais domesticados

que máis ben
gardo no fondo do ollo dereito un brillo cruel
como de vaca
coa mirada fixa
xusto antes de escornar

ou de gata ferida lambendo o sangue alleo das gadoupas
destas unllas aguzadas con paciencia coas que rabuñaría na morte

avoa
para traerte de volta coas mans conxeladas
a boca húmida e un arrecendo a frores

entre o fume do restrollo

esluíndote para sempre
coma o rastro dun foguete
na mañá da Festa de San Lourenzo
sobre ceo crarísimo de Santo André de Comesaña

credits

from Grandes Éxxxxitos, released December 24, 2020
Nuria Vil

license

tags

about

Nuria Vil GA, Spain

volvo sempre
coma o allo a cebola e a candidiase

#PalabraFalada #PoesíaOral #SpokenWord

contact / help

Contact Nuria Vil

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Nuria Vil, you may also like: