Incluído en:
Grandes Éxxxxitos (CD autoeditado, 20201).
Poesía MIXXX verán - outono (CD autoeditado, 2020).
Poesía galega novísima (antoloxía, Ed. Urutau, 2020).
Trobeir*s do século XXI (antoloxía, Ed. Chan da Pólvora, 2019).
Dentes para a mazá (antoloxía, Ed. Chan da Pólvora, 2018).
Para a peñita que aínda pensa que isto vai de bo rollo: nop.
Deséxovos o peor.
Grazas por escoitaaaaar!
lyrics
hai corpos
coma o meu
aos que lles hai que aprender a loita
pase o tempo que pase
abrazarei sempre a fraxilidade
ese medo de non ser bonita
ao voso xeito
das bragas sucias
os caixóns desordenados
e o armario desfeito
devolvereime testuda
esa capacidade de sacar fóra
todo o que me apodrece
vendo como esta rabia
que tanto nos comprime
desde o estómago á gorxa
aínda nos deixa sen voz
se me preguntan
pediría de novo
aprenderme a vomitar
todo este medo
este odio que se me acumula
no brando do esterno
no único lugar que non poderedes
traspasar
nunca
para ferirme
porque aquí dentro
nesta gándara de soños que eu protexo
a miña mamá baila
nunha cociña repleta
de arriba a abaixo
de louza sen fregar
as avoas cantan
dan palmas
comen centos de cacahuetes
e tiran as cascas polo ar
aquí
nacemos tortas
enrevesadas
fartas de aturar o peso
que nos bota enriba a sociedade
nacemos mudas e fartas de tanto silencio
xuntas deprendémonos a berrar
así que a vós
que calades
deséxovos fillas poetas
fillas silenciadas
ninguneadas
fillas ignoradas
fillas ás que ninguén dirixa a palabra
polos corredores da facultade
por críticas
por teren unha opinión
a vós que calades todo ata a tolemia
deséxovos fillas que critiquen as políticas que vós votades
que saian a rúa
queimen os periódicos
denuncien
e enchan as redes sociais de bromas estúpidas que ninguén entenda
porque o único cárcere que existe para nós
é o silencio imposto
e tamén porque coñecemos a historia
e estamos
aprendendo a ladrar no verso de Olga Novo
contra o amo que non só non nos dá de comer
senón que nos afasta ás unhas das outras e que nos marxina
non deixaremos
nós
de buscar a palabra que máis doia
para cravárvola xusto no centro da conciencia
coma unha bomba
agardando pacientes a que vos estoupe
e ata ese día en que paredes
de encubrir co voso silenzo a maldade
This album by Kenyan electronic producer rPH and poet Kins of Spade reflects on the impact of religion in their lives and society. Bandcamp New & Notable May 12, 2023
Poet Douglas Kearney and composer/producer/drummer Val Jeanty link up for a a compelling LP that feels like the written word come to life. Bandcamp New & Notable Mar 30, 2021
On her new EP, Japanese producer Mikado Koko deconstructs the traditional, mixing avant-garde vocals and glitch breaks with koto. Bandcamp New & Notable Dec 15, 2020
In a lane all his own, aint about me lays moody spoken word over rippling soundscapes on songs that feel cinematic in scope. Bandcamp New & Notable Nov 23, 2020