We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Rezo por ti

from Grandes Éxxxxitos by Nuria Vil

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €1 EUR  or more

     

about

Rezo por tiiiiiiiiii a verdadeira maldición sobre as vosas cabezas!

Incluído en:
Grandes Éxxxxitos (CD autoeditado, 20201).
Poesía MIXXX verán - outono (CD autoeditado, 2020).
Poesía galega novísima (antoloxía, Ed. Urutau, 2020).
Trobeir*s do século XXI (antoloxía, Ed. Chan da Pólvora, 2019).
Dentes para a mazá (antoloxía, Ed. Chan da Pólvora, 2018).

Ostrás, en tanto sitios publicada e ti sen coñecerme ;)
Grazas por escoitaaaaar!

lyrics

volvo sempre a aquela mañá de xaneiro
e estampo o coche contra o farol da universidade

mido
matemática
cal é a velocidade exacta
para escachar o parabrisas

para que cando menos
o cinto de seguridade
se crave no lado esquerdo do pescozo
e faga ferida e sangue e cicatrice

volvo tamén a aquela noite
coma un presaxio
coma quen dá con esa rabuñada nova
no coche
na defensa dereita de atrás
canda a luz de freo
brillante e escura
abríndose paso
na carrozaría gris perla
que eu aínda penso nova
despois de vinte anos

e sei que eu non puiden facela

eu
que son lenta para todo
manteño as distancias
e aparco con tino
que desde que me estampei contra todo
meto primeira
en todos os parking
manobro de cu en batería
e agardo a ver tan só un dos faros
do coche aparcado
vou cun pé
sempre
no freo

porque eu son lenta para todo
ata para decatarme de que esa rabuñada
estivo sempre aí
ben á vista de calquera

e así
brillante e escuro
apareceu
este desexo
de asasinarte

porque ás veces
cando estou soa
rezo por ti

non é rezar exactamente
senón máis ben unha forma
de mirar polo resto
que me aprenderon de nena

pido
por exemplo
que esvares na ducha
que non che actualice o whatsapp
que polas mañás
as fiestras do coche
se che empanen tanto
que non poidas arrancar
que se che esgote o espazo
de almacenamento interno
do dispositivo móbil
que vaias cortar as unllas dos pés
cortes tamén o padrasto
do dedo maimiño

e te desangres
na soidade
do bidé

cousas pequenas
diminutas
ínfimas

que nin ti
nin ninguén
poida nunca
poñer en relación comigo
pero que pouco a pouco
te maten

credits

from Grandes Éxxxxitos, released December 24, 2020
Nuria Vil

license

tags

about

Nuria Vil GA, Spain

volvo sempre
coma o allo a cebola e a candidiase

#PalabraFalada #PoesíaOral #SpokenWord

contact / help

Contact Nuria Vil

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Nuria Vil, you may also like: